Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
O vindeiro 21 de xuño

Futbolín, paparota, música e Carlos Blanco

Este último é o "árbitro total" do campionato de futbolín que se ha desenvolver no medio das festas, en Ourense. Tamén hai un momento para a música. Aquí, un anaco do seu cartel.

Redacción - 19:00 02/06/2008
Velaquí o cartaz, deseñado por Xosé Lois

Velaquí o cartaz, deseñado por Xosé Lois

O actor Carlos Blanco vai ser o árbitro total do I Campionato de Futbolín Cidade de Ourense que comezará o vindeiro sábado 21 de xuño na cidade, por volta das 11:00 horas da mañá, co control dos participantes, entre os que se repartirán (pero só entre os que gañen) os 4.000 euros que hai en premios.

Polo medio vai haber paparotas varias, e de noite, cando se saiba dos gañadores, comezará un concerto no que estarán, ao vivo, a Banda Potemkin, Os Tres Trebóns e Dj Marcos Payno, membro de Galegoz.

Quen queira participar non ten máis que inscribirse (até o 18 de xuño), e aparecer no día no Pavillón dos Remedios, onde se ha desenvolver o torneo. O prezo da inscrición: 20 euros por parella, e inclúese o xantar e unha camisola conmemorativa, de regalo. O campionato está organizado pola Agrupación Cultural Auriense, e para máis información, pódese chamar ao teléfono (móbil) 672 336 955.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: