Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
SIMPOSIO INTERNACIONAL

Todos os faros do mundo alumean A Coruña

O Museo de Belas Artes acolle dúas xornadas de estudo para apoiar a candidatura da Torre de Hércules a Patrimonio da Humanidade.

Redacción - 12:00 02/06/2008

A singularidade da Torre de Hércules provén do feito de ser o único faro romano que segue en activo en todo o mundo. Isto convértea nun referente en todo o planeta, obxecto de estudo por expertos de todos os continentes, e iso levouna a ser candidata a ser catalogada pola Unesco como Patrimonio da Humanidade. Durante dous días investigadores de todo o mundo reuniranse no Museo de Belas Artes da Coruña (obra de Gallego Jorreto, recente Premio Nacional de Arquitectura), para reflexionar e debatir sobre os faros romanos e a navegación na antigüidade.

Na primeira xornada, os relatorios e conferencias xirarán ao redor da propia Torre de Hércules, a súa construción e a súa función, con achegas de estudosos e arqueólogos de todo o Estado. O martes, no entanto, os expertos farán un percorrido polos faros romanos que existiron noutros lugares de Europa e do Mediterráneo.

Programa para o luns 2 de xuño
9'30 - 10 h.: Acto de inauguración oficial, a cargo de ÁNXELA BUGALLO RODRÍGUEZ (conselleira de Cultura e Deporte) e FELIPE ARIAS VILAS (director xeral de Patrimonio Cultural)
10 - 11 h: J. MANUEL ABASCAL PALAZÓN (Universidade de Alicante): "Novidades sobre Cornide e o Faro de Hércules. Os manuscritos da Real Academia da Historia"
11 - 12 h.: ALFREDO VIGO TRASANCOS (Universidade de Santiago de Compostela): "A Torre de Hércules e a Ilustración na Coruña"
12'30 - 13,30 h.: PABLO LATORRE GONZÁLEZ-MORO (Arquitecto) e LUIS CABALLERO ZOREDA (CSIC) : "A construción da Torre de Hércules. Novos datos sobre a estrutura romana"
16'30 - 17'30 h.: XOSÉ MARIA BELLO DIÉGUEZ (Museo Arqueolóxico e Histórico da Coruña): "Brigantium e o seu faro. Contextos arqueolóxicos na cidade da Coruña"
17'30 - 18'30 h.: JUAN NAVEIRO LÓPEZ (Arqueólogo): "Comercio e navegación atlántica na Galicia antiga"
19 - 19'45 h.: J. MANUEL ABASCAL PALAZÓN (Universidade de Alicante) :"Os faros romanos. A evidencia epigráfica"


Documentos

4,4/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: