Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
balneario archena 82-101 ferroplast

O Ferroplast Básquet Coruña conquistou Cáceres

Co orzamento máis baixo da súa categoría, os clube coruñés foi gañando, foi gañando até conseguir ascender á LEB Prata, mentres outros equipos quedaban atrás.

Redacción - 11:17 02/06/2008
Celebrando o ascenso

Celebrando o ascenso

O Ferroplast Básquet Coruña conseguiu o ascenso á LEB Prata tras gañarlle con claridade ao Balneario de Archena, que partía como favorito, por un rotundo 82-101.

Era o clube co orzamento máis baixo da categoría, e poucos confiaban nel cando comezou a liga, mais agora o equipo herculino ha acompañar ao Canasta Unibasket Jerez e ao Gestibérica Vigo no ascenso á terceira categoría do baloncesto estatal.

Os coruñeses participaron, esta fin de semana en Cáceres, na Final a Catro na que se xogaban varios ascensos. O seu propio, á LEB Prata, o ascenso á LEB Ouro, e o arelado ascenso á ACB, que non puido conseguir o Breogán. Agora o Ferroplast é un equipo de "prata", e atrás queda un comezo de tempada frouxo, unha segundo volta inmellorábel e unha merecida clasificación para a fase de ascenso, na que mesmo bateron ao Real Madrid.

Na Final a Catro destacaron os acertos no tiro de Antonio Seijo e o labor (collendo rebotes e encestando) do pivote haitiano Robert Joseph. Foron ao descando cunha vantaxe de 9, e, á volta, os bases Lino López e Zoro non pararon de meter canastras, até que o encontro quedou sentenciado.


Ligazóns

5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: