Seguimos a recibir contribucións para o concurso que busca as mellores fotos e vídeos que plasmen a realidade da lingua.
"A nosa lingua é unha forma xenuína de mirar, interpretar e construír o mundo desde este lugar atlántico, aberto, largo, longo... a nosa lingua é ese facho que mira un horizonte telúrico onde proxecta todo o que queremos ser, sen medo a ser nós, propios, urbi et orbe". Así presenta Xurxo Bértola a súa achega ao concurso Unha imaxe para o galego, que premiará as fotografías e os vídeos que mellor representen a transmisión da lingua.
Este Urbi et orbe é un exemplo máis do tipo de contribucións que busca o certame. O prazo de recepción segue aberto. Anímate e envía a túa achega, pois haberá premios para os mellores participantes. Consulta aquí as bases.