Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
Turismo, agroecoloxía e outras áreas

"En galego": valor engadido no contorno económico

O Observatorio de Sociolingüística da Universidade de Vigo propón por en valor o galego como "elemento diferencial de certas actividades económicas".

Redacción - 09:00 27/05/2008

"A lingua galega, historicamente, estivo vinculada a ocupacións e a sectores profesionais pouco valorados socialmente, e na actualidade utilízase no ámbito laboral principalmente entre compañeiros e case nunca de forma escrita", sinala o profesor Anxo Lorenzo, do Observatorio de Sociolingüística da Universidade de Vigo. Fronte a iso e admitindo a "dificultade" da lingua para entrar en certos sectores empresariais, o Observatorio propón medidas para cambiar o discurso sobre a lingua. "A idea é tratar de por en valor o galego como un elemento diferencial de certas actividades económicas tales como o turismo e a agroecoloxía", explica.

Control das subvencións a medios
A reflexión forma parte dun informe máis amplo, encargado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, e realizado por un grupo de investigación composto polos profesores Fernando Ramallo, Ana Iglesias e Anxo Lorenzo. Alén do ámbito socioeconómico, o estudo ocúpase tamén do sistema educativo e os medios de comunicación. Reparando en modelos como os de Finlandia, Singapur ou Quebec, os investigadores propoñen por exemplo a "reconsideración" do sistema de subvencións aos medios de comunicación, "que non acadaron os resultados previstos inicialmente" e a introdución dunha cuarta lingua no ensino.


5/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: