Durante unha semana a vila recibirá 18 compañías dunha ducia de países.
O festival de títeres de Redondela, que chega á súa novena edición, quere facer da vila un escenario de festa e gargalladas. Entre o luns 26 e o domingo 1 aos habitantes habituais de Redondela uniránselles un porco xigante, un carillón enorme que dá as horas cuns monequiños humáns divertidísimos; unha Coca que leva un circo enteiro no seu lombo, mamulengos brasileiros, músicos australianos e titiriteiros e artistas vindos de todas partes.
Os espectáculos comezaron este luns nos colexios do concello, aínda que as actuacións máis esperadas chegarán a partir do mércores, co inicio das representacións en sala, no Multiúsos da Xunqueira. A fin de semana os títeres baixarán á rúa, con obras que tomarán como espazo distintos lugares da vila.
Programa en sala
Mércores 28
21.00 TXO TITELLES (Cataluña). Circ-Cabaret 'Armando Rissotto'
Xoves 29
19.00 e 21.00 SOFIE KROG (Dinamarca). 'Diva'
Venres 30
21.00 EL CHONCHÓN (Arxentina). 'Tresespinas'
Sábado 31
17.00 TEATRO HARAPO (Arxentina). 'Amor y circo'
21.00 CIE TRO-HÉOL (Francia). 'La mano'
Domingo 1
17.00 TEATRO HARAPO (Arxentina). 'Amor y circo'
21.00 BULULU THEATRE (Francia). 'El titiritero'