Segundo os principais medios deste país, Guillermo León Sáenz Vargas é o novo líder da guerrilla.
Guillermo León
Pedro Antonio Marín, “Tirofijo” ou "Manuel Marulanda", o histórico dirixente das Forzas Armadas Revolucionarias de Colombia faleceu o pasado 26 de marzo. Isto é o que sostén o exército colombiano, que este mesmo domingo fixo público un comunicado oficial. Segundo fontes do goberno de Colombia, o novo máximo responsábel da guerrilla é Guillermo León Sáenz Vargas, tamén coñecido polo nome "Alfonso Cano".
Esta versión non especifica cal foi a causa da morte do, aos seus 78 anos, cualificado o “guerrilleiro máis veterano do mundo”. Aínda que o goberno de Uribe sinala que bombardeou as posicións onde se atopaba Marín, tamén sinala que hai outras informacións que apunta a un paro cardíaco como causa do óbito. As informacións do goberno, que procederían dos servizos de intelixencia, están a ser tomadas con cautela xa que dende 1970 publicouse até en catro ocasións a súa morte.