Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Acordo parcial na Mesa do Leite

O contrato homologado comeza eivado

As industrias foráneas, por un lado, e o SLG, por outro, rexeitan o pacto. Con todo, desde a Xunta falan de "salto cualitativo".

Redacción / EP - 09:00 23/05/2008

A compravenda de leite en Galiza contará de agora en diante coa existencia do chamado "contrato homologado" que evitará que tal e como sucedía até o de agora, o produtor lle entregue o leite ás empresas sen coñecer nese momento o prezo ao que llo van pagar. "É un salto cualitativo ante o que non cabe máis que unha satisfacción plena", opinaba este xoves o conselleiro de Medio Rural, Alfredo Suárez Canal.

Así e todo, e malia asistiren os seus representantes á xuntanza, as industrias do resto do estado, agrupadas na federación estatal FENIL, rexeitaron asinar o documento, argumentando entre outros que xa se aprobara un acordo semellante a nivel do Estado. Si se sumaron pola contra as empresas galegas Feiraco, Leite Celta, Leite Río e Queixerías Prado, que xunto a varias cooperativas do país recollen máis do 50% do leite que se produce en Galiza.

Ao acordo tamén renuncia o Sindicato Labrego Galego, que xa anunciara que non asinaría un texto que non indicase un prezo de referencia. "Agora as industrias xa teñen o documento para impoñer o que queiran",laiábase ao respecto o responsábel de gandería do SLG, Xabier Gómez Santiso.Sobre o mesmo tema, desde Unións Agrarias, o secretario xeral do sindicato, Roberto García, destacaba que o contrato homologado asinado en Galiza estabelece un anexo para que na "articulación" de prezos se teñan en consideración os indicadores do Observatorio do Leite, como son a situación de mercado ou custos de produción. Tamén optimista Francisco Bello, de Xóvenes Agricultores, considera que se trata dun paso "importante" e para o que ademais "non haberá marcha atrás".


5/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: