Vinte anos despois de renunciar á enerxía atómica, o novo goberno Berlusconi confirma a viraxe.
Pouco despois de que o planeta asistira á catástrofe da central ucraína de Chernobil, acontecida en 1986, Italia votaba en referendo sobre o futuro das centrais nucleares. Deste xeito, os cidadáns avalaban directamente a decisión de pechar as catro centrais que o país tiña naquel momento.
Agora, máis de vinte anos despois, o ministro de Desenvolvemento Económico, Claudio Scajola, anunciou este xoves e diante do principal grupo da patronal italiana, que nesta lexislatura se iniciará o proceso para a construción de varias centrais nucleares "de nova xeración".