Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
HOMENAXE

Dezaoito anos de polaroids

Unha web recupera o traballo do fotógrafo e artista Jamie Livingston, que tirou unha fotografía cada día da súa vida dende 1979.

Redacción - 14:00 22/05/2008

Unha web recupera as máis de 6.000 polaroids que un artista neoiorquino foi tirando cada día dende 1979 até 1997, cando morreu vítima dun cancro. Jamie Livingston comezou o 31 de marzo de 1979 o proxecto 'Photo of the day', quizais coa pretensión de publicar algún día todas as imaxes. Pero a derradeira fotografía data do 25 de outubro de 1997, día do seu 41 aniversario.

Despois da súa morte, dous amigos de Livingston, Hugh Crawford e Betsy Reid decidiron montar unha exposición con todas aquelas fotografías instantáneas, 6.697, que o autor foi gardando en caixas. Nelas reflíctense os últimos 18 anos da súa vida: a súa estancia na universidade, a súa vida en diversos apartamentos en Nova York, as súas viaxes co circo Janus, o seu traballo nos primeiros vídeos musicais da MTV ou a súa afección polo equipo de béisbol da cidade, os Mets. As fotografías de 1997 están protagonizadas pola súa loita contra a enfermidade e a súa voda, o mesmo mes do seu pasamento.

E daquela exposición naceu a idea de publicalas nunha web. No blog Mental Floss acharon a páxina, aínda en construción e sen datos sobre o autor, que se converteu nun primeiro momento nun personaxe misterioso. E esa mesma web acabou desaparecendo temporalmente da internet polo elevado número de visitas que recibiu.

Cada 25 de outubro, a bitácora Only The Blog Knows Brooklyn conmemora o día de Jamie Livingston.


4,5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: