O concello da cidade das murallas renova a súa web para incorporar trámites por vía telemática.
O Concello de Lugo poñerá a disposición da cidadanía enderezos de correo electrónico co dominio Lugo.eu. A campaña, que coincide coa posta en marcha da nova páxina web municipa, tivo un orzamento de 170.000 euros.
Os enderezos estarán compostos polo nome e primeiro apelido seguidos de "@lugo.eu". A iniciativa forma parte do programa Lugo dixital, dotado cun millón de euros. Na súa presentación, o alcalde, Xosé López Orozco, dixo que a cidade estará "a un clic do mundo", pois irá incluíndo servizos de administración electrónica. Aos poucos, poderanse efectuar trámites administrativos a través da web do concello.