O artefacto tiña como obxectivo a empresa Marina Atlántica, promotora da polémica urbanización da antiga finca de Massó en Cangas
Segundo a Radio Galega, axentes da Policía desactivaron este mércores un paquete bomba que chegara por correo postal á empresa Marina Atlántica, na cidade de Vigo. Ao parecer, os empregados da promotora desconfiaron do paquete e alertaron ás forzas de seguridade.
A empresa Marina Atlántica promove a polémica urbanización turística que afecta aos antigos terreos da conserveira de Massó (Cangas).