A rede de colectivos "A Ría Non se Vende", integrada na plataforma "Galiza Non se Vende", convoca os cidadáns a defender o litoral "contra a destrución".
"Recheos, urbanismo salvaxe, depuración desastrosamente deficiente, portos deportivos privatizadores, porto caótico e depredador, alteración de correntes e destrución de praias...". Son algunhas das queixas que teñen os dezaseis colectivos veciñais, culturais e ecoloxistas que integran a rede A Ría Non se Vende, integrada na máis ampla plataforma Galiza Non se Vende.
"O porto de Vigo non pode seguir medrando indefinidamente, arruinando a nosa maior fonte de recursos, para convertela nun almacén de vehículos e nun polígono industrial", láianse ao respecto do enfrontamento co peirao vigués, "os balances económicos do Porto sempre dan positivo, porque só contan os cartos gañados, mais nunca cuantifican canto vale o que destrúen".
A manifestación sairá o domingo 25 de maio ás 12h da Praza da Estrela, en Vigo.
SOS Ría de Vigo
Nos días previos á manifestación, a plataforma presenta en varios concellos o proxecto audiovisual "SOS Ría de Vigo", un traballo que fai repaso da deterioración ambiental deste espazo.
Velaquí os lugares e horas onde aínda poderá verse esta semana:
S. MIGUEL DE OIA
Lugar: Local da Asociación Veciñal e Cultural – Vigo
Data: Xoves 22.05.08
Hora: 20:00
BOUZAS
Lugar: Bouzas – Vigo
Data: Xoves, 22.05.08
Hora: 20:00
NIGRÁN
Lugar: IES Val Miñor- Nigrán
Data: Xoves, 22.05.08
Hora: 20:00
MOAÑA
Lugar: Casa do Mar – Moaña
Data: Venres, 23.05.08
Hora: 20:00
ALCABRE
Lugar: Local da Asociación Veciñal – Vigo
Data: Venres, 23.05.08
Hora: 20:00
CORUXO
Lugar: Local da Asociación Veciñal – Vigo
Data: Venres, 23.05.08
Hora: 20:00
CASCO VELLO- VIGO
Lugar: Centro Cívico do Casco Vello, Vigo
Data: Venres, 23.05.08
Hora: 20:00