A cordura e a tolemia mestúranse na nova peza argallada por Diego Anido. A estrea, esta semana na Sala Nasa.
En coprodución co Centro Dramático Galego (CDG), Diego Anido presenta esta semana en Compostela a súa nova peza teatral. En Cascuda, o creador galego da vida a personaxes e atmosferas nas que se achega á estreita liña que separa a tolemia da cordura. Teatro de texto, clown e danza contemporánea reúnense nesta obra na que Anido asume tamén a dirección e a interpretación.
A peza baséase na concepción dos insectos para simbolizar os tipos de conduta humana. As cascudas son, sempre foron para percibidos, dende o punto de vista do autor, como "uns dos animais máis desprezábeis de todos os que conviven nas cidades". Porén, asegura que teñen "unhas características de tamaño, resistencia e axilidade que lles permiten descubrir lugares, así como instalarse e observar a vida humana dende os espazos máis segredos e subterráneos dun mundo ao que os humanos nunca poderán acceder".
A obra estará na Sala Nasa do mércores 21 ao sábado 24 de maio, ás 22:00 horas.