Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
WIKISUBTITLES.NET

A Federación Anti Pirataría obriga a pechar unha web de subtítulos

Un correo electrónico con ameazas legais obrigou o administrador da wiki a pechala. Xa apareceu un clon.

Redacción - 11:15 20/05/2008

Cada vez son máis os usuarios da rede que descargan series de televisión e filmes en versión orixinal o mesmo día da súa emisión no seu país. Así, producións como Lost ou Heroes chegan aos seus ansiosos seguidores con poucas horas de diferenza. E, como non todo o mundo domina idiomas, grupos de usuarios dedícanse a transcribir, en moitos casos, e a traducir os diálogos a diferentes linguas para ofrecelos como subtítulos.

Unha web que se dedicaba á edición e tradución colaborativa de subtítulos, Wikisubtitles.net, pechou esta semana despois de recibir un aviso da Federación Anti Pirataría. O autor da páxina, smalleye, conta no seu blog que a FAP o ameazou con emprender accións legais por "distribución non autorizada de obras cinematográficas". Nun primeiro momento, a web xa foi pechada cautelarmente polo seu fornecedor de aloxamento.

A pesar da notificación, smalleye recalca que a web nin distribúe obras cinematográficas nin ten ánimo de lucro. De feito, o autor publicou software da páxina cunha licenza libre. Por ese mesmo motivo, xa naceu un clon que pretende recuperar todos os contidos aloxados nun primeiro momento en Wikisubtitles.net: chámasa Wikititle.com.


5/5 (1 votos)

Novas relacionadas


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: