Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Entrega dos premios

Xusto Beramendi e Xosé Lois García, Pedrón de Ouro e de Honra

Previa ofrenda floral na Casa Museo de Rosaría de Castro, fíxose o acto oficial de entrega dos prestixiosos galardóns.

Redacción / EP - 09:00 19/05/2008
Xusto Beramendi

Xusto Beramendi

O catedrático de Historia Contemporánea Xusto Beramendi e o escritor Xosé Lois García recibiron este domingo en Padrón o Pedrón de Ouro e o Pedrón de Honra de 2008, respectivamente. Os premios distinguen a personalidades ou entidades vivos cunha traxectoria consagrada e comprometida coa cultura galega dentro e fóra dde Galiza.

A Fundación Pedrón de Ouro, nun fallo dado a coñecer hai uns meses, expuxo que Beramendi é merecedor desta distinción pola súa traxectoria como "docente e investigador rigoroso da historia do nacionalismo galego" e "promotor de numerosas iniciativas", como a posta en marcha do Museo do Pobo Galego.

Por outra banda, outórgase o Pedrón de Honra 2008 ao escritor Xosé Lois García polo seu labor como "divulgador da cultura galega e portuguesa en Cataluña" a través de colaboración xornalísticas e outras iniciativas como a creación dos Parques Rosalía e Castelao no municipio barcelonés de Sant Andreu de la Barca.

O xeógrafo Río Barja e o pintor Leopoldo Nóvoa recibiron o ano pasado este premio. Dende a súa instauración en1964, o galardón recoñeceu o labor, entre outros, de Isaac Díaz Pardo, Álvaro Cunqueiro, Valentín Paz Andrade, Xosé Manuel Beiras, a plataforma Nunca Máis, Manuel María, Isidro Parga Pondal, Fermín Penzol, Xohana Torres, Antonio Fraguas ou Francisco Fernández del Riego.


4/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: