A Federación de Presos e Prisioneiros Políticos asegura que hai máis de 400 mil persoas presas.
O presidente da Federación de Presos e Prisioneiros Políticos de Iraq, o avogado Sahar Yasiri, sinala que este país hai máis de 400 mil cidadáns privados de liberdade. Segundo revela Yasiri nunha entrevista no portal Rebelion.org, entre os presos hai 6.500 menores de idade e e dez mil mulleres, á vez que calcula que o 95% dos reclusos sofre malos tratos.
A asociación que preside Yasiri denuncia tamén a existencia de presos que non están rexistrados oficialmente. Segundo os datos que baralla esta asociación, o número de 'presos ilegais' pode chegar a un milleiro. "Os prisioneiros que están alí retidos non teñen ningunha orde xudicial, pero seguen alí sen acusación nin xuízo, e iso se teñen sorte de saír con vida".