Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
ONE LAPTOP PER CHILD

O portátil de 100 dólares levará, finalmente, Windows

A fundación creada por Nicholas Negroponte para levar un computador aos países en desenvolvemento foi "presionada por varios gobernos" para incluír o sistema operativo de Microsoft.

Redacción - 12:52 17/05/2008

A intención de Microsoft de instalar o seu sistema operativo case defunto Windows XP no famoso 'computador de 100 dólares', da fundación One Laptop Per Child (OLPC), xa ten data. A partir de xuño, en catro ou cinco países comezarase a probar o computador XO con ese sistema, aínda que nun principio ía levar unha versión de Linux. OLPC nega que o movemento se deba a un intento desesperado de asegurar máis pedidos.

Segundo informa a BBC, Nicholas Negroponte, impulsor do proxecto, asegura que houbo presión de diversos gobernos para incluír Windows. Nun principio, estaba previsto vender os computadores en lotes dun millón a países en vías de desenvolvemento por cen dólares, pero a cantidade mínima acabou diminuíndo ao prezo que se elevaba o prezo, que agora será de 188 euros, 198 con XP.

Segundo Negroponte, a demanda aumentou ao existir agora a posibilidade de ofrecer dous sistemas operativos diferentes. De momento, vendéronse 600.000 unidades, pero espéranse outros 400.000 encargos nos próximos dous ou tres meses.

Para o promotor da iniciativa, o arranque dual, que aínda está a ter algúns problemas no computador XO, vai conseguir o mesmo que acadara Apple, "que moita xente se cambiase cando tivo ese sistema dual".

Pola súa banda, a Microsoft levoulle case un ano facer o seu software compatíbel co XO, que custará tres dólares máis, sumados a 7 de hardware, e contará cunha tarxeta de memoria de 2 xigabytes que se poderá conectar na máquina.


5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: