Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
TREBELLO WI-FI

Pero, que é un chumby?

Un pequeno aparello, suave e con pantalla táctil, pode revolucionar a vida dos tolos pola tecnoloxía.

Redacción - 14:10 25/05/2008
Un Nabaztag e un Chumby / Flickr: chumbyfriends

Un Nabaztag e un Chumby / Flickr: chumbyfriends

Aínda que xa ten máis dun ano de existencia, non nos podemos resistir, como David Pogue, experto en tecnoloxía do New York Times, a falar do Chumby, un trebello difícil de clasificar. Un pequeno aparello acolchado, cunha pantalla táctil de 3 polgadas e media e conexión sen fíos con múltiples utilidades.

Pode ser un marco de fotos dixital, unha radio de internet ou un espertador, entre moitas outras cousas, porque funciona mediante 'widgets': pequenos programiñas que ofrecen informacións máis ou menos útiles, como as últimas mensaxes de correo electrónico, vídeos de YouTube ou titulares dos medios electrónicos. Hai centos de 'widgets' diferentes, feitos por programadores independentes. E é que o Chumby leva dentro unha versión de Linux, polo que é totalmente personalizábel.

O único atranco que limita a súa mobilidade é o feito de que precisa estar conectado á corrente eléctrica para funcionar, pero, polo demais, conta con conexión wi-fi, dous portos USB, altofalantes e saída de auriculares. Este curioso trebello, como o coello Nabaztag, pode servir para "encher" un pouco máis a vida de quen xa teña computador, internet e rede sen fíos, e 180 dólares.

David Pogue amosa o que é e como funciona un Chumby nesta reportaxe na CNBC:


4/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: