O estudo dunha empresa de seguros en liña asegura que a internet cambiou a vida do 15% dos enquisados.
A internet xa se converteu nun dos mellores medios para atopar información e comparar prezos antes de mercar un produto. Segundo a enquisa Eres Online 2008 de clickseguros, o 87% dos internautas fai uso da rede con esta intención.No mesmo estudo, o 41% dos enquisados afirma que só se informa a través da rede, fronte a un 47% que combina a internet cos medios de comunicación convencionais e a un 12% que non usa a rede como medio informativo. Hai tamén un 15% de persoas que afirma que a rede cambiou a súa vida, e un 21% que di estar "namorado" do medio, fronte a un 9% que di que a internet non lle supuxo ningún cambio.
No que se refire ao uso da rede, o 17% di empregala exclusivamente para temas profesionais, mentres que o 53% asegura que a usa principalmente para asuntos persoais.