Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
MÚSICA

Álvarez Blázquez, entre o rock e o hip-hop

O Concello do Porriño editou o DVD 'Palabras liberadas', no que se inclúen poemas musicados en estilos diversos: dende o rock, ao hip-hop, pasando pola música electrónica.

Redacción - 14:07 15/05/2008
Eloi Caldeiro

Eloi Caldeiro

Iniciativa semellante á de Sons Galiza é a realizada polo Concello de Porriño, en colaboración coa Consellaría de Cultura coas súas 'Letras Liberadas'. Un DVD achéganos os textos de Álvarez Blázquez na voz de Manuel Forcadela, Luz Pozo, Román Raña, Xavier R. Baixeras, Xavier Seoane, Marga do Val ou Manuel Vilanova, liberando as letras, sacándoas fóra do papel e dos libros e levándoas á xente noutros formatos e soportes.

Os poetas len a Álvarez Blázquez e len textos propios, e no DVD escoitamos tamén a voz do propio homenaxeado, nunha gravación de 1968 no programa 'Poetas de Galicia' de RNE.

O DVD tamén ten música, e ese é quizais o seu principal valor, a parte máis orixinal da iniciativa da Biblioteca do Concello do Porriño. En 1969 a Coral Polifónica do Círculo Recreativo Cultural da vila gravou unha versión musicada do poema Era un airiño soave, versión que encabeza a parte musical do DVD. Está tamén Uxía, acompañada de Héctor Lorenzo e Quim Farinha, que canta a mesma canción, un tema que -confesa- constoulle máis ca ningún outro, pois Uxía, que pertenceu á Coral, tivo que cantar moitas veces a versión orixinal do tema.

E no DVD inclúense outros moitos estilos, nos que a poesía de Álvarez Blázquez encaixa sorprendentemente ben. A banda de pop-rock El Cubo fai unha versión de Ao ver que non tiñas nome, un tema que tamén é interpretado en clave de hip-hop por Kedro e DJ.Kiko. O disco péchase cun achegamento á música electrónica, realizado por Marcos Legazpi, Jazzp e Marta Quintana, sobre os textos e a propia voz de Álvarez Blázquez.

Cancións

Versión de El Cubo de 'Ao ver que non tiñas nome'

Versión de Kedro

Versión de Marcos Legazpi

Versión de Uxía

A Coral Polifónica do Porriño canta un poema de XMAB


Poemas e textos

Xosé María Álvarez Blázquez recita 'Ao ver que non tiñas nome' (1969)

Alfonso álvarez Blázquez le unha carta escrita por XMAB a Celso Emilio Ferreiro

Luz Pozo recita 'O neno'

Xavier Rodríguez Baixeras recita 'Os acios'

Manuel Vilanova recita 'Saudade'

Xosé María Álvarez Cáccamo recita 'Voltei entrar na casa'


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: