Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
Na bitácora GaliciaProfunda.com

Os premios "Antilingua": Franco, Paco Vázquez e Galicia Bilingüe

Velaí a decisión dos internautas, que votaron os gañadores dos premios Sacho de Ouro, Boina de Ouro e Fouciño de Ouro.

Redacción - 10:35 15/05/2008

Franco foi o elixido para a "Boina de Ouro" ao personaxe histórico que máis perseguiu o galego. Os internautas coincidiron en cualificalo como unha "mazá podre, podre" para o idioma.


Francisco Vázquez recibe o "Sacho de Ouro" ao que máis dano lle fixo ao galego nos últimos anos. "O seu rexeitamento frontal a que "A Coruña" quedase sen o "L" quedará marcado para sempre na memoria dos galegofalantes", apuntan os promotores do premio.

Por último, Galicia Bilingüe foi a escollida para o "Fouciño de Ouro". "Esta asociación pretende botar abaixo o decreto de galeguización do ensino, no que se establece que, cando menos, o 50% das materias estarán impartidas en galego, un dos poucos grandes logros que conseguiu o galego nos últimos anos", sinálase no fallo.

Para o ano que vén, os promotores anuncian dous novos galardóns:

Premios Lingua de Ouro pola persoa/institución viva que máis decididamente traballa en prol da lingua galega. Visto que o Día das Letras Galegas homenaxea a unha figura das nosa cultura que leva cando menos 10 anos falecida, cremos necesario tamén o recoñecemento en vida de todos os que loitan porque o galego sexa unha lingua forte, viva e da que nos sintamos orgullosos.

Premios Antilingua Galega pola persoa/institución viva que máis decidamente traballa en contra da lingua galega.



Toda a información en Galicia Profunda.


4,92/5 (24 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: