Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Sale and Leaseback

Caixa Galicia prevé a venda da súa rede de oficinas exteriores

A entidade bancaria estuda a venda das arredor de 400 sucursais repartidas por todo o Estado e deixa fóra da operación as oficinas galegas e internacionais.

Redacción - 11:07 14/05/2008

Tras desfacerse durante os últimos meses de participacións no sector enerxético (Unión Fenosa e Galp), Caixa Galicia estuda agora a venda, con opción de recompra, de 383 oficinas que posúe repartidas pola xeografía estatal. A entidade deixa fóra da operación as sucursais galegas e internacionais.

A venda destas sucursais realizarase baixo o sistema de "sale and leaseback", de venda e posterior arrendamento por un período determinado pola caixa, mentres que o resto da rede, integrada por 518 oficinas en Galiza e no mercado internacional, manterán a súa situación actual. O prezo destes activos no mercado aínda é descoñecido, pero depende directamente do período que a caixa permaneza como arrendatario.

A primeira caixa galega producirá con esta venda importantes plusvalías que irán destinadas a un proxecto que se materializará a curto prazo no noso país, segundo indicaron fontes da entidade. De non pechar a operación sobre as sedes, efectuaranse de igual modo as inversións previstas debido á liquidez da que dispón tras pechar o primeiro trimestre do ano cun beneficio atribuído de 133 millóns de euros.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: