Con este novo programa, a compañía americana levará ós usuarios a tódolos recunchos do universo fotografados polos satélites e telescopios espaciais. Galaxias, planetas e sistemas solares xa non estarán tan lonxanos.
As mellores imaxes do Universo
Cunha navegabilidade semellante á dos videoxogos, o WorldWide Telescope de Microsoft permitirá o acceso dos internautas ás fotografías que tomadas polo telescopio Hubble, o Centro Chandra e o telescopio espacial Spitzer.
O programa pode descargarse xa na súa versión de probas e con el o usuario ten a opción de acercarse ou alonxarse das galaxias e constelacións que se atopan a miles de anos luz.
Microsoft pon ó alcance da man dos internautas as mellores imaxes do espazo exterior, á espera de que dende Google lancen definitivamente o seu Google Sky.