Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
"Novos mundos"

Second Skin: entre a vida real e a virtual

Un novo documental sobre o espazo virtual dos xogos de rol. Dous dos autores, Víctor e Juan Carlos Piñeiro, son descendentes de galegos emigrados a Puerto Rico.

María Golpe - 11:00 12/05/2008

En agosto do 2007, Nathan and Kelly Davolos convertíanse na primeira parella en casar simultaneamente na vida real e no mundo virtual de Everquest.

Everquest, como outros xogos de rol multixogador masivo online (Massively Multiplayer Online Role-Playing Games - MMORPG) - como Second Life e World of Warcraft - permite que millóns de usuarios interactuen en tempo real nun espacio virtual compartido. Estímase que hai 50 millóns de xogadores de MMO no mundo – e o 50% consideranse adictos.

Presentado no festival de cine SXSV (South by Southwest) en Austin, Texas, o novo documental Second Skin ( – Segunda Pel) abre unha ventá nas vidas de sete xogadores e como as suas vidas reais se ven afectadas polos mundos particulares de fantasia virtual nos que se moven.

As reaccións ao filme estan sendo variadas – mentres que uns acusan os autores de pintar unha estampa innecesariamente negativa dos xogos online, outros ven no filme unha mostra interesante do que é a vida no universo paralelo dos xogadores.

"No que se refire á prensa, a experiencia esta sendo fascinante, as respostas tan variadas que estamos recibindo. Creo que se a xente entenderá a nosa experiencia facendo o filme, entenderían porque algúns atopan o filme positive e outros incriminatorio”, explica Victor Piñeiro, productor de Second Skin.

A idea para o documental partiu da experiencia dun amigo dos autores, Ben, adicto ao xogo Star Wars Galaxies. Decidido a investigar a adicción de Ben, o equipo descubriu que a experiencia do seu amigo adicto estaba lonxe de ser extraordinaria (páxinas dedicadas a ‘rehabilitación de xogadores de rol online’ e foros para ‘viud@s de xogadores’ son numerosas).

O director do filme, Juan Carlos Piñeiro Excoriaza, admite ter mudado a sua pre-concepción das comunidades de xogadores no período de dous anos que lle levou producir a versión definitiva do filme. Para o director, asociar MMORPGs con adicción é superficial, xa que os xogos téñense convertido nun novo medio para socializar e, para moitos, simplemente unha forma de vida.

Este é o caso de Andrew Monkelban, un dos protagonistas do filme, vítima dunha parálise cerebral e confinado a unha cadeira de rodas. O director coñeceu a Monkelban no xogo Second Life – onde os dous tiñan ás para voar polo seu mundo virtual. Debido á súa minusvalía, Second Life tense convertido na mellor ferramenta que Monkelban tén para socializar.

"Botamos dous anos facendo o documental. Os primeiros sete meses botámolos buscando candidatos a través da nosa páxina web, anunciando o filme en internet e en foros dedicados a xogos online. Tras varios meses recibimos unha multitude de respostas", di Victor Piñeiro.

"Escollimos catro historias diferentes e botamos un ano gravando cada unha delas. Durante este tempo e incluso máis no proceso de edición, traballamos moi duro para retratar estas historias de maneira realista e honesta", conta.

Second Skin non está deseñado para botar a andar unha nova xeración de filmes ao estilo de Michael Moore senón para reflictir as vidas de xogadores e a súas experiencias.

"A xente está acostumada a ver documentais que lles din o que teñen que pensar (como Michael Moore ou Morgan Spurlock). O noso filme intenta non seguir ese camiño. Quixemos encender as camaras, rodar o máximo de horas (400 horas) e mostrar as vidas de tres grupos de xogadores afectados de maneira positiva e negativa, polos seus mundos virtuais", engade Piñeiro.

"Non empregamos dous anos para facer un anuncio de MMO e tampouco os empregamos para condenar os xogos dos que nós mesmos gozamos. Botamos tres anos na compaña de xente marabillosa, gravando as súas vidas e presentando o que vimos. Por suposto, ningún documental pode ser totalmente obxectivo e ningun documentalista pode ser completamente invisible aos seus suxeitos pero intentamolo o mellor que puidemos"

O filme sera presentado en Europa posiblemente no festival de cine de Edinburgo.

Intimo e desacougante teñen sido, polo de agora, as palabras asociadas con Second Skin. Seremos capaces de xulgar nos mesmos, cando o filme chegue a Europa.

De momento, conformaremonos co trailer oficial do documental, na páxina official de Second Skin.

Make love, not Warcraft
MMORPGs foron inspiración para outros autores. Toyota usou World of Warcraft para un anuncio de television http://ie.youtube.com/watch?v=K_622w_ttiU">Toyota Tacoma WoW commercial’.
Pero a mais famosa aparicion televisiva de World of Warcraft e na parodia de Southpark ‘Make love, not Warcraft’ - www.southparkzone.com">Fai o amor e non Warcraft.

Os Simpsons tamen teñen o seu episodio http://www.watchthesimpsonsonline.com/movie/100-The_Simpsons_1817_Marge_Gamer.html ">dedicado aos xogos de rol online, ‘Marge gamer'.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: