Os composteláns perderon na casa contra o Interviú, co Multiusos do Sar cheo de público. Polo seu lado os lugueses caeron nos penaltis.
Imaxe do Azkar-Carnicer
O Autos Lobelle de Santiago e o Azkar Lugo desaproveitaron esta fin de semana unha vital oportunidade de eliminar aos seus rivais nos play-off polo título da Liga estatal de futsal.
O Lobelle perdeu ante o poderoso Interviú Fadesa, ao que eliminara no primeiro partido facendo gala do seu moi bo xogo. O sábado o Multiusos do Sar estaba ateigado de xente que ía apoiar o equipo compostelán, pero os xogadores do Lobelle non conseguiron repetir vitoria, e caeron por un contundene 1-4 ante o Interviú Fadesa. A eliminatoria hase decicir en Alcalá, na cancha do Interviú.
Mentres, os lugueses loitaban contra as baixas (teñen lesionados a Kita e Orol) tamén na casa contra o Carnicer Torrejón, ao que tamén venceran no primeiro partido dos play-off. Mais desta volta non acompañou a sorte, e o Azkar perdeu nos penaltis, tras terminar o tempo regulamentario cun empate 6-6. Ao seguinte partido enfróntanse, tamén, como visitantes.