Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Aniversario da vitoria soviética sobre os nazis

Desfile militar con mísiles en Moscova para celebrar o Día da Vitoria

É o primeiro que Rusia realiza con armamento pesado dende 1990. O discurso do novo presidente estivo cargado de advertencias.

Redacción - 13:57 09/05/2008
No desfile participaron 8.000 militares

No desfile participaron 8.000 militares

En conmemoración da vitoria soviética sobre a Alemaña nazi que levou á fin da II Guerra Mundial, Rusia organizou este venres, como cada 9 de maio, un desfile militar na Praza Vermella de Moscova.

Este ano, a diferenza dos realizados tras a desaparición da URSS, os oito mil soldados que descenderon pola Avenida Tverskaia ían acompañados por carros de combate e mísiles intercontinentais.

O desfile supón o primeiro acto público de Dmitri Medvedev. O novo presidente ruso recibiu esta cuarta feira o maletín co botón nuclear, que lle permite controlar os mandos do arsenal atómico do país. Tamén estivo presente o seu predecesor no cargo e primeiro ministro, Vladimir Putin.

Interferencias nos asuntos internos
No seu discurso ante as tropas, Medvedev advertiu que Rusia non tolerará "a falta de respecto pola lei internacional". "Temos que tratar con extrema seriedade calquera tentativa por provocar o enfrontamento racial ou relixioso, o fomento da ideoloxía do terror e do extremismo ou as interferencias nos asuntos internos doutros estados, especialmente no trazado das fronteiras", dixo.


5/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: