Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
CONCURSO EN REDE

Volvemos pousar os ollos no idioma

A partir do día 15 abrirase o prazo para captar en fotografía ou en vídeo as mellores historias sobre a lingua.

Redacción - 13:05 10/05/2008

Vai botando as cámaras ao lombo. Dende Vieiros, coa colaboración da Secretaría Xeral de Polítia Lingüística, botamos outro ano a andar o concurso 'Unha imaxe para o galego'. O vindeiro día 15 de maio abrirase un certame que se manterá aberto até finais do mes de xuño.

Como na anterior convocatoria vai haber unha modalidade de fotografía e outra de vídeo. Nesta ocasión o 'leit-motiv' é a transmisión xeracional do noso idioma, ese fío que permite que a lingua se manteña viva no tempo. Ista é a principal novidade. As condicións e formatos cos que hai que presentar os traballos son iguais que na edición pasada:

A) Fotografía

Buscamos a orixinalidade. As fotografías non poderán incluír nin retratos de autores ou xente da cultura, nin bandeiras, nin libros, nin letras, nin bibliotecas, nin imaxes de xornais impresos. As fotografías (.jpg, .png, .gif, tif) deberán ser apaisadas (1 Mb máximo) e poderán ser reencadradas lixeiramente para adaptalas ao tamaño de publicación. Quedan excluidos deseños e ilustracións. Cada foto virá acompañada do nome do autor ou autora, lugar de residencia, correo electrónico (ou teléfono) e un texto cun máximo de 250 caracteres que axuden a contextualizar a imaxe.

B)Vídeo


Os traballos deberán ter unha duración curta (recomendamos entre un e dous minutos) e en ningún caso debe de sobrepasar os catro minutos. O autor ou autores poderán optar por enviar obras onde estea ou non presente a palabra. Formatos (mpg, avi, flv, mov...) a un tamaño de 320x240. A liberdade de creación é total. Ao igual que para a modalidade de fotografía pedímosvos orixinalidade e que procuredes esquecer os tópicos...Polo demais, só ficarán fóra de concurso aquelas creacións que poidan conter ofensas contra terceiros.

Tamén volverá haber premios (unha cámara fotográfica e outra dixital) para os traballos que escolla o xurado. Cada semana iremos subindo a portada unha escolma dos vídeos e fotos que chegan á redacción. Ide preparando os vosos traballos. Cando os teñades mandádeos a vieiros@vieiros.com


5/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: