Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Charlas en Lugo

Unha ollada cara o nacionalismo galego

A sociedade cultural Media Leva organiza dende o 9 de maio ao 4 de xullo unha serie de conferencias que afondan na identidade deste movemento.

Redacción - 11:25 09/05/2008

O venres 9 de maio dá comezo en Lugo o ciclo de conferencias Memoria e retos do nacionalismo galego. A partir das 20:30 no local da sociedade cultural Media Leva, os asistentes poderán achegarse máis a este movemento grazas ao relatorio da secretaria de organización do Sindicato Labrego, Lidia Senra, que como non podía ser doutro xeito, falará sobre o "Sindicalismo Galego".

As charlas continuarán todos os venres até o 4 de xullo, con relatorios sobre o feminismo galego, o nacionalismo popular, o sindicalismo obreiro, Galiza, unha periferia no centro, e a vía revolucionaria, con interventores entre os que se atopan Luís Gonçales Blanco "Foz", Xosé Manuel Beiras ou Antom Airas Curto.


4,88/5 (16 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: