Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Campaña ecolóxica

Os concellos, primeiro paso para unha Galiza libre de transxénicos

A Plataforma Galega Antitransxénicos está a enviar mocións aos concellos para que soliciten ser declarados zonas libres deste tipo de cultivos.

Redacción - 09:00 09/05/2008

A Plataforma Galega Antitransxénicos (PGA) denunciou, trala reunión mantida con Alfredo Suárez Canal, a "falta de compromiso" da Consellaría de Medio Rural para acadar a declaración de Galiza como Zona Libre de Transxénicos (ZLT), e para apoiar iniciativas de cara a frear a entrada de organismos modificados xeneticamente (OXM) no noso país.

A protesta xorde ante a negativa de Medio Rural de comprometerse a dar un posicionamento público, e ao informar de que non haberá listaxes de consulta pública que rexistren os nomes das empresas que están a vender os produtos transxénicos. Esta "falta de posicionamento" continúa aínda despois de ter manifestado que dentro dos seus plans estaba o de apostar pola agricultura ecolóxica, cando a coexistencia deste tipo de cultivos e os de OXM "é imposíbel".

Con este motivo, a plataforma iniciou esta semana unha campaña de envío masivo de mocións aos grupos de goberno de todos os concellos, solicitando a declaración de cada unha destas unidades territoriais como zonas libres de transxénicos e obter así a declaración de ZLT na maior superficie posíbel do país.

"As malas compañías"

A Comisión Europea celebrou esta semana un debate sobre o camiño que se debe seguir en materia de organismos modificados xeneticamente, para aprobar o cultivo de pataca e millos transxénicos na UE. Amigos da Terra quere denunciar a influencia dos grupos de presión da industria biotecnolóxica na toma de decisións da comisión, a través do informe "As malas compañías: as relacións entre a Comisión Europea e a industria dos transxénicos", no que se fai unha análise de cales son os grupos de presión, a súa actuación e algúns dos seus privilexios.


Documentos

5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: