Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Lusofonía

Xestionado por Vieiros
RSS de Lusofonía
Factoría acuícola xa en construción

O tribunal rexeita a petición de Quercus para frear a planta de Pescanova en Mira

O colectivo ecoloxista portugués critica a sentenza pero confía aínda nos outros dous procesos xudiciais abertos contra o proxecto.

Redacción - 18:15 08/05/2008

"Non sempre se gaña, mais temos aínda outros dous procesos que agardamos, relativos ao proxecto de Mira, un sobre o licenciamento, que é o que este tribunal entende ser impugnábel, e outro relativo á venda dos terreos", explica Hélder Espínola, voceiro de Quercus, para o diario Público.

Quercus seguirá así a loita contra a macropiscifactoría autorizada polas administracións portuguesas na localidade de Mira e en plena Rede Natura, malia que o Tribunal Administrativo e Fiscal de Coimbra considerou "improcedentes" as peticións de anulación da Declaración de Impacto Ambiental do proxecto. Con todo, os ecoloxistas critican a decisión do tribunal e recordan que en casos semellantes os tribunais aceptaran a impugnación da declaración ambiental.


Ligazóns

1/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: