Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
Fomenta o verquido de entullos en Punta Balea

Concello de Cangas altera un dos seus espazos naturais

Luita Verde denunciou a pasada semana por escrito na Delegación Provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transporte de Pontevedra (CPTOPT) novos verquidos de entullos en Punta Balea, detrás das antigas naves de salazón dentro de terreo integrado no espazo natural Cabo Home 6c, protexido como solo rústico de protección de espazos naturais polas Normas Subsidiarias e Complementarias de Planeamento Provinciais de Pontevedra desta mesma CPTOPT, e dentro tamén da servidume de protección de Costas.

Luita Verde - 09:48 07/05/2008

Os novos verquidos denunciados consisten en lousas de pedra, asfalto en gran, bordillos de beirarrúa, pedra e terras, depositados por maquinaria pesada de empresas privadas “por indicación do propio concello de Cangas”, procedentes de diversas obras recientes no centro urbano (Praza do Señal e rúa do Atranco). Asimesmo se denunciou que esos verquidos se suman a outros de residuos de limpeza das praias e terras da limpeza dos ríos depositados polo propio concello do ano pasado; aos de adoquíns, pedra e terras, depositadas tamén o ano pasado por empresas privadas, procedentes de obras na rúa do Forte e o paseo do Señal, tamén no centro urbano da vila; e por engadido a a outros verquidos de anos anteriores que tamén foron depositados neste lugar durante anos: vehículos abandoados, semáforos, lousas de pedra, etc.      Parte destes feitos xa foran denunciados Luita Verde ante a mesma Delegación Provincial da CPTOPT o 12 e o 26 de febreiro do 2007, abríndose un expediente en marzo dese mesmo ano pola afección de costas a cargo do Servizo de Protección do Litoral desa Consellería; e outro pola afección a solo non urbanizable de protección de espazos naturais.

     Pasado máis dun ano non se tomaron ningún tipo de medidas por parte desa Delegación Provincial da CPTOPT, a pesar de ser de total competencia, acumulándose máis residuos, e por eso voltamos a resaltarlle que os verquidos incontrolados de entullos ou calquer tipo de residuos está prohibido por lei e polo regulamento de solo rústico de protección de espazos naturais. 

     Luita Verde solicitou finalmente que se comproben os feitos denunciados, se ordene a paralización inmediata dos verquidos e a retirada de todos os existentes do lugar, e se proceda á apertura dun expediente sancionador.

     Luita Verde califica de “escandaloso e de nefasto exemplo” o do Concello de Cangas, que agora gobernado por BNG-PSOE e ACE, sendo o principal responsable do tema o Concellal de Servicios e Obras , o socialista Hector Otero, ó igual que o anterior goberno municipal do PP, estexa a utilizar como un auténtico “verquedeiro incontrolado” unha zona protexida de alto valor natural e patrimonial onde as empresas privadas poidan verquer os residuos de canta obra pública hai no centro urbano da vila , lembrando asimesmo que esos terreos están en propiedade privada pertencente á empresa Atlántico Construcciones y Promociones S.L.. presidida polo empresario Ubaldino Rodríguez Bello, que está asimesmo a ser cómplice dun delito contra a ordenación do territorio. Lembramos que ese empresario xunto con Caixanova e Puentes y Calzadas promoven un proxecto urbanístico anexo a un porto deportivo que propón a recalificación destes terreos en zona residencial e hoteleira. O actual estado de desfeita lles resulta beneficioso para poder mostrar unha posible recalificación como “recuperación” duns terreos degradados de xeito intencionado.


4,89/5 (9 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: