Para poñer de manifesto que os datos persoais dos usuarios da web social Facebook son facilmente accesibles a terceiros, xornalistas da BBC crearon "en menos de tres horas" unha aplicación "que calquera persoa con coñecementos de base en programación" podería elaborar.
Este programa, que pode presentarse en forma dun quizz ou dun xogo, indistintamente, permite obter a expensas do internauta o seu nome, a súa dirección, o nome do seu patrón e a súa data de nacemento, así como os dos seus amigos. A aplicación, creada polos xornalistas do programa televisado Click, engadiuse ás contas de catro usuarios de Facebook. Non é necesario que o usuario teña unha para para ser vítima, abonda con ter un dos seus amigos que o fixera.
Os creadores do programa pudieron tamén "acceder aos datos persoais destas catro persoas e dos seus amigos a través de Facebook, aínda que moito entre eles tiveran tomado precaucións para agochar estes datos do seu perfil público", explica a BBC".
Lagoas
Estas lagoas na seguridade da web significan que persoas mal intencionadas poderían recoller estes datos e proceder a roubos de identidade para, por exemplo, para abrir unha conta en banco cos datos dunha vítima. "A única maneira completamente segura de impedir o roubo dos datos é retirar todas as aplicacións e de non utilizalas", salientan os autores do programa.
Facebook indicou á BBC que o lugar "dispoñía dunha tecnoloxía sofisticada e dun equipo especializado para combater as actividades non autorizadas das aplicacións". O web pide por outra banda aos creadores de aplicacións acollerse "ás condicións de utilización" que lles prohíban, específicamente, recoller os datos dos usuarios.
Nas condicións xerais de utilización, avísase aos usuarios de Facebook: "publica vostede neste site informacións (...) pola súa conta e risco (...) mesmo se lle permitimos definir as súas opcións de confidencialidade destinadas a limitar o acceso aos seus datos, sexa consciente de que non existe ningún sistema de seguridade infalible (...) nós non podemos, pois, garantir nunca que o contido que publican no site non será visto por persoas non autorizadas".