Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
Falan Marisol López e Gloria Lago

'The Guardian' analiza o 'problema' lingüístico en Galiza

'Os castelánfalantes pelexan por salvar a súa lingua mentres que nas rexións teñen outra visión' é o titular da reportaxe publicada na edición dominical do xornal inglés.

Redacción - 18:55 05/05/2008

Spanish speakers fight to save their language as regions have their say é o título da reportaxe publicada este domingo en The Observer, a edición dominical do periódico inglés The Guardian, que asina o correspondente do rotativo en Barcelona, Graham Keeley. O xornalista analiza a "feroz guerra política de palabras" que ten lugar cada vez que se aborda o tema da lingua no Estado Español, mais primeiro presenta o parecer das que considera dúas partes do conflito.

"Un número crecente de asociacións en Cataluña, Euskadi e Galiza quéixanse de que se lles nega o dereito a falaren español por parte dos nacionalistas rexionais que usan a lingua como arma política", afirma, mais engade que son "os falantes das outras linguas oficiais de España -catalán, éuscaro e galego- os que insisten en que, ao contrario, o español goza dunha próspera situación e que as autoridades rexionais deben salvar as súas linguas de desaparecer para sempre".

"Dende a morte de Franco, o proceso de normalización lingüística de éuscaro, catalán e vasco, reprimidas por Franco tras a fin da Guerra Civil, foi financiado con millóns dos fondos públicos, coa esperanza de que máis xente o falase", recolle o xornal, mais os castelánfalantes din que "o español está a ser marxinado polos nacionalistas en vinganza por aqueles anos, e apelan á constitución española, que garante o seu dereito", explica.

O galego na escola

A continuación aborda individualmente os diferentes casos que se dan en Euskadi, Cataluña e Galiza, poñendo especial fincapé nos modelos educativos de cada un dos tres países en relación coa lingua, xa que a principal preocupación dos membros destas asociacións é que "os seus fillos non sexan quen de ler ou escribir ben en español (falado por 332 millóns de persoas, segundo The Guardian), se só se lles aprende en catalán (9,1 millóns), éuscaro (un millón) e galego (3-4 millóns)".

"En Galiza polo menos a metade das clase ten que ser na lingua rexional. Gloria Lago, unha fundadora de Galicia Bilingüe, dixo: 'Os nenos piden ser ensinados en español e isto non está permitido porque a lei o impide. Cando a clase remata, comezan a falara a súa lingua propia.", explica o xornalista de The Guardian. "Porén, Marisol López, a responsábel da política lingüística, insistiu: Os nenos estudan en dúas linguas. Se non discriminamos positivamente a prol do galego, o español dominaría.", remata a reportaxe.


4,5/5 (24 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: