Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
MULLERECIENCIA.ORG

Un portal público potenciará a participación da muller na investigación científica

A web pretende darlles visibilidade ás investigadoras e ofrecer datos estatísticos para posta en marcha de políticas de igualdade.

Redacción - 14:30 05/05/2008

A web Mullereciencia.org, posta en marcha pola Unidade da Muller e Ciencia da Xunta, está a dar a coñecer o traballo da muller do país no eido científico, investigador e innovador. O portal inclúe unha lista dos diferentes proxectos que se están a desenvolver con presenza feminina, xa sexa como responsábeis dos programas ou como membros do equipo.

A páxina, coordinada por Delia Leis, ofrece datos estatísticos sobre o número de mulleres e de homes que traballan en actividades relacionadas coa ciencia e coa innovación nas entidades e empresas do país. Cos datos achegados, será posíbel emprender políticas de fomento da incorporación da muller á investigación pública e privada.

Na web facilítanse, ademais, arquivos e documentación actualizada sobre actividades e convocatorias relacionadas coa ciencia e a muller. Segundo a secretaria xeral de Igualdade, Carme Adán, e o director xeral de I+D+i, Salustiano Mato, o portal será un "punto de encontro" entre as mulleres investigadoras no mundo académico e privado e entre científicas e empresarias.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: