Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
CINEMA

CGAI e Cineclube de Compostela presentan a súa programación para este mes

Na Coruña celebrarase o décimo aniversario do Festival de Cine Asiático de Barcelona; e en Santiago recordarase o maio do 68.

Redacción - 13:08 05/05/2008

Maio chega ateigado de cinema na Coruña e Compostela. Na cidade herculina, a programación do CGAI inclúe un ciclo de novo documental austríaco, con traballos de Elizabeth Scharang, Kurt Mayer, Anja Salomonowitz, Marcus J. Cerney, Ali Reza Ghanie ou Payman Yazdanian. Tamén se poderán ver algúns dos filmes máis destacados proxectados na última década no Festival de Cine Asiático de Barcelona (BAFF). O mes completarase cun ciclo dedicado ao recentemente finado cineasta taiwanés Edward Yang, ademais dun bo número de filmes 'fóra de serie'.

Programa do CGAI para a semana do 5 ao 12 de maio
Luns 5 (23.00 h) Novo Documental Austríaco, ERIK(A). Kurt Mayer, 2005. 86´.
Martes 6 (20.30 h.). Contos de Marineda. A Coruña e o cine. A CIDADE QUE SE NOS VAI (Carlos Aurelio López Piñeiro, 1979) + FINISTERRE (Xavier Villaverde, 1998). 107´.
Mércores 7 (20.30 h.) Fóra de serie. NOSTALGIA. Valeska Grisebach, 2005. 88´.
Xoves 8 (20.30 h.) Novo Documental Austríaco. A FIN DO PROXECTO NEUBACHER. Marcus J. Cerney, 2007. 75´.
Venres 9 (20.30 h.) BAFF 10º aniversario. GOODBYE, DRAGON INN. Tsai Ming-Liang, 2003. 82´ + After Hours. BEASTIE BOYS: AWESOME, I FUCKING SHOT THAT. Nathanial Hörnblower, 2006. 90´.
Sábado 10 (18.00 h.). Historias de cine para nenos. DERSU UZALA. Akira Kurosawa, 1975. 141´. (21.00 h.) Fóra de serie. ALL THE INVISIBLE CHILDREN. Mehdi Charef, Emir Kusturica, Spike Lee, Katia Lund, Jordan Scott, Ridley Scott, Stefano Veneruso e John Woo, 2005. 124´.

Cineclube de Compostela

O Cineclube de Compostela centra a súa programación para o mes de maio nos diarios persoais cinematográficos. Quer desde a ficción, quer desde o documentario, ao longo do mes van sucederse diversos filmes narrados desde a primeira persoa, co fío temático do testemuño vital. En concreto, os filmes proxectados van ser A negra de..., Ernesto Ché Guevara, diario de Bolivia e Tarnation. Ademais, na sesión do catorce de maio lembraranse os 40 anos do Maio do 68 francés coa proxección de Grandes seráns e pequenas mañás, de William Klein.

As proxeccións comezarán o mércores 7, con A negra de..., o filme máis emblemático do director senegalés Ousmane Sembéne. Baseado nun dos seus propios relatos, o filme conta, desde os propios pensamentos de Diouana, unha rapaza de Dakar, como é a súa vida traballando para unha familia en Francia. A través da fita vai aparecendo o racismo e a dominación postcolonialista no comportamento de Francia (e en xeral de Occidente) cara a África. Este título foi un dos primeiros que deu a coñecer o cinema africano en todo o mundo. Todos os filmes proxéctanse ás dez da noite no C.S. O Pichel de Compostela (Santa Clara, 21), con entrada de balde.

Mércores 7
A negra de... (La noire de..., Ousmane Sembene, 1966, Senegal / Francia, 65')
Mércores 14
Grandes seráns e pequenas mañás (Grands soirs et petits matins, William Klein, 1978, Canadá / Francia, 96')
Mércores 21
Ernesto Ché Guevara, diario de Bolivia (Ernesto Che Guevara, das bolivianische Tagebuch, Richard Dindo, 1994, Suíza / Francia, 92')
Mércores 28
Tarnation (Tarnation, Jonathan Caouette, 2004, EUA, 88')


Documentos

5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Fotograma de 'Yi yi', un dos filmes de Yang que se proxectarán
Fotograma de 'Yi yi', un dos filmes de Yang que se proxectarán
Imaxe de 'Le noire de...', filme que proxecta esta semana o Cineclube de Compostela
Imaxe de 'Le noire de...', filme que proxecta esta semana o Cineclube de Compostela