Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
Cara a 2009

Na procura dun transporte sen fume

A contaminación ambiental é un dos grandes problemas das cidades e son varias as empresas de transporte que buscan alternativas para reducir as emisións de CO2

Redacción - 13:30 05/05/2008

En outubro de 2009 entra en vigor a norma Euro 5 da Comisión Europea pola que se endurecen os requisitos de emisións que deben cumprir os vehículos. Algunhas empresas xa se puxeron mans á obra para desenvolver os "transportes do futuro" e polo de agora están gañando terreo combustíbeis como o etanol, que xa está alimentar algúns autobuses de Estocolmo.

Coa utilización do etanol, producido a base de caña de azucre do Brasil, redúcense as emisións de CO2 un 90 por cento, segundo indican os representantes da empresa de transportes Scania, mais este biocombustíbel precisa un 60 por cento máis de produto para funcionar que un gasoil e a produción e distribución mundial aínda non están moi desenvolvidas.

Algúns autobuses de Estocolmo xa están a circular con este combustíbel nos seus depósitos, aínda que para o futuro se agardan tecnoloxías centradas no funcionamento híbrido dos vehículos e que diminúe a contaminación grazas a que recicla a enerxía que se perde na freada. O gasto de combustíbel é menor, un 25 por cento menos que o fuel, o que sumado á redución do 90 por cento en CO2 supón un beneficio para o ambiente.

Máis opcións
Outras cidades como Madrid e Barcelona tamén están a loitar para reducir as emisións de CO2, a través de autobuses que circulan con biodiésel ou de coches eléctricos. Ademais disto, estanse levando a cabo probas con vehículos híbridos nos EUA e Xapón, mais existen outras propostas baseadas na creación de combinacións vehiculares máis longas para reducir os profesionais en circulación.


5/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: