Bo campionato dos xadrecistas do país, só superados pola selección catalá.
Galiza finalizou en segunda posición o III Campionato de España de Seleccións Autonómicas, disputado esta fin de semana en Melilla. O equipo galego estaba formado polo mozo ourensán Iván Salgado, mestre internacional e campión estatal sub-16, e por Roi Reinaldo Castiñeira, David Lariño Nieto, Jacobo Caselas Cabana, Pablo García Castro, Graciela Redondo Argüelles e Iria Ares Campo.
A primeira posición nesta cita foi para Cataluña que, con Miguel Illescas á fronte, finalizou a competición sen ceder en ningún dos enfrontamentos
A competición puido seguirse en directo por internet, e os afeccionados ao xadrez poden agora descargar as partidas desde a web da federación estatal.