Os días 16 e 17 de maio ofrecerá unha dobre actuación na capital de Lemos.
Monforte os días 16 e 17 de maio, Ourense 21 de maio, A Coruña 23 de maio, e A Estrada 24 de maio. Manu Chao abrirá a súa xira mundial en Galiza, con cinco concertos nos que estará acompañado pola Radio Bemba Sound System. A xira Tombolatour comezará oficialmente en xuño en Francia, e servirá para presentar La Radiolina, o seu último álbum, en 23 países de toda Europa.
En Monforte, onde abrirá a súa xira, Manu Chao estará acompañado por seu pai, Ramón Chao, que o 16 de maio ofrecerá unha conferencia na Casa da Cultura do concello, prosentado por Xosé Manuel Pereiro. O dobre concerto celebrarase no campo de terra do colexio dos Escolapios, cun aforo limitado a 1.300 persoas para cada un dos pases e entradas a 15 euros. Manu Chao actuou o verán pasado en Vigo.