Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
NOVIDADES DISCOGRÁFICAS

Nadadora e Mequetrefe presentan EP

Desde este luns está á venda o álbum dos rapaces do Grove, 'La química que nos une', con cinco novas cancións, e novo vídeo.

Redacción - 09:00 05/05/2008

Nadadora racha a bailar no seu novo disco, sen complexos. La química que nos une sae á venda o luns 5 de maio cun tema inédito, Septiembre no está tan lejos e catro remesturas a cargo de Jaime Cristóbal de Souvenir (de Despues de todo), Dorian (de El bosque), Javier de Standard (de A=B=C) e Homeboy dj (de La Forma). Os grovenses inclúen nos seus novos temas máis electrónica e bases programadas, dándolle un certo xiro ao estilo dos seus primeiros traballos: Aventuras dentro de cajas (2004), Todo el frio del mundo (2005) e Hablaremos del miedo (2007).

El Bosque

Tamén presenta novo EP o fonsagradino Mequetrefe. O seu segundo traballo inclúe cinco novas cancións, e publícase, ao igual que o primeiro no netlabel alg-a, onde se pode descargar de balde. Mequetrefe presentará as súas cancións en directo acompañado de Gerardo (ex Almax), e Santi (ex Almax e Blixdemia), ambos integrantes do histórico colectivo compostelán dos anos 90 La familia feliz. Mequetrefe recunca no seu son próximo ao shoegaze e á psicodelia, e nas súas teimas ao redor de Twin Peaks.

Spaghetti's Rain


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: