Os cataláns marcaron dous goles nos primeiros dous minutos, e sentenciaron antes da final. Hai que ir a un cuarto partido para saber que equipo segue.
O Coinasa Liceo non puido, neste terceiro partido, sentenciar o seu pase ás semifinais polo título da OK Liga porque o Blanes non llo puxo fácil, selando o marcador cun 3-1.
O seguinte (o cuarto) partido ha ser esta quinta feira a mediodía de novo na cancha dos cataláns, coa ausencia de varias figuras claves no equipo coruñés coma Reinaldo (por acumulación de cartóns azuis) e Grasas, que recibiu unha vermella directa neste partido. Polo seu lado, o Blanes perde un defensa, tamén por acumulación de cartóns.
Dúas derrotas continuas sufriu o Blanes na Coruña, mais no terceiro partido, o primero en Cataluña, os galegos non souberon reaccionar. Agora vén a cuarta, na que os coruñeses deben frear o xogo agresivo dos cataláns para seguir a loitar polo título.