Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
piragüismo a cen días de Beixín 2008

Nove palistas galegos procuran medalla e praza olímpica nos Europeos

Os Campionatos de Europa, que se han desenvolver entre o 15 e o 18 de maio en Milán, han xuntar aos mellores piragüistas continentais, entre eles Cal, Molanes, Portela, Mascato ou Bea.

Redacción - 11:28 30/04/2008
Teresa Portela procura praza en K-1 500 e en K-4 500

Teresa Portela procura praza en K-1 500 e en K-4 500

Á listaxe de seleccionados pola Federación Española, Galiza aporta nove palistas, polos catro de Asturias, os dous de Cataluña, outros dous de Castela e León e un que aporta Andalucía.

No vindeiro torneo continental, a desenvolver en Milán do 15 ao 18 de maio, van estar Alfredo Bea, David Mascato, Carlos Pérez, Jovino González, Teresa Portela, Sonia Molanes, David Cal, Miguel Rodríguez e André Oliveira. Todos eles, excepto Cal, procuran, alén da medalla dourada, unha praza nos Xogos Olímpicos de Beixín 2008 (hai dez a repartir).

O combinado participa en K-2 500 e 1.000 metros, mais, aínda que conseguisen a clasificación as dúas embarcacións que participan (nunha delas vai Carlos Pérez, acompañado do catalán Saúl Craviotto), só hai praza para unha. O mesmo acontece nas categorías de K-1 500 metros (onde compite Jovino González) e K-1 1.000 metros, e na C-2 500 e 1.000 metros (onde participan Bea e Mascato, e Miguel Rodríguez e André Oliveira).

Remando en Castrelo de Miño

Esta cuarta feira comeza o III Campionato Estatal Universitario de Remo, organizado polo servizo de Deportes da Universidade de Vigo e o Club Náutico de Castrelo de Miño, en colaboración coa Federación Galega de Remo e o concello ourensán. Hanse xuntar uns 130 deportistas de 20 universidades distintas.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Alfredo Bea e David Mascato foron os últimos en entrar na selección para o Europeo
Alfredo Bea e David Mascato foron os últimos en entrar na selección para o Europeo
Na listaxe tamén aparece Carlos Pérez Rial, que ha competir en K-2 500 e K-4 1.000 metros
Na listaxe tamén aparece Carlos Pérez Rial, que ha competir en K-2 500 e K-4 1.000 metros
Jovino González tamén procura praza en K-1 500 metros. Na imaxe está detrás no K-2
Jovino González tamén procura praza en K-1 500 metros. Na imaxe está detrás no K-2