Consideran que antes de crear novos centros hai que facer un “estudo rigoroso” das necesidades que ten a titulación.
A capital de Galiza é a única cidade do país que conta cunha Facultade de Medicina. Porén, nos últimos anos o debate sobre a necesidade de que se creen máis facultades foi unha constante. A Universidade da Coruña foi a institución que máis pelexou dende a década dos 90 para contar coa licenciatura de Medicina.
Este martes, centos de estudantes de Medicina de Compostela saíron á rúa para rexeitar a creación de máis facultades no país até que “haxa un estudo rigoroso sobre as necesidades”. Os estudantes manifestaron a súa aposta polo ensino público e rexeitaron a posibilidade de que se abran centros privados “que vaian consumir os recursos das públicas, como xa está sucedendo en moitas, que usan hospitais públicos”.