Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
DÍA MUNDIAL DA DANZA, EN GALIZA

O movemento demóstrase bailando

A cadea de Monterroso, o Museo Provincial de Lugo, o Verbum de Vigo ou a galería Ana Vilaseco da Coruña acolleron distintos espectáculos.

Redacción - 12:46 29/04/2008

Experimenta danza, EscénaTe, Mita Beutel, Mudanza, Guillermo Weickert, Ruth Balbís ou David Loira son algúns dos artistas e compañías que neste 29 de abril conmemorarán o Día Mundial da Danza con espectáculos públicos, que están tendo como escenario un conxunto de espazos non demasiado habituais, como por exemplo a cadea de Monterroso, os escaparates de El Corte Inglés da Coruña e Vigo, o Museo Provincial de Lugo, o Verbum de Vigo, ou a Galería de Arte Ana Vilaseco da Coruña.

Trátase do proxecto Espazos que danzan, organizado polas produtoras Experimentadanza e EscénaTe, e que durante tres días (a fin de semana pasada e este martes día 29) levou a danza á rúa, con obxectivo de integrala na sociedade e nos espazos arquitectónicos. Este martes A Coruña abrirá a xornada no Centro Cívico do Castrillón coa actuación de Leo Rodríguez y Carlota Pérez. En Vigo, as citas son ás seis da tarde no Corte Inglés de Gran Vía, e ás sete no Verbum, cos espectáculos de Mita Beutel, Mudanza, Guillermo Weickert e Amparo Novas. Pecharán a xornada Experimentadanza e David Loira no Museo Provincial de Lugo.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: