Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
II Plan de Formación Profesional

O Goberno confía en que o estímulo á FP acelere a inserción laboral da mocidade

Inxectaranse 700 millóns de euros, para axustar oferta formativa e necesidades reais, e na procura de que o 50% de rapaces escolla esta opción ao rematar a ESO.

Redacción - 09:00 29/04/2008

Se na actualidade pouco máis do 35% dos rapaces e rapazas que rematan a Educación Secundaria Obrigatoria optan por seguir estudos nalgún tramo de Formación Profesional, en breve a Xunta espera crear as condicións axeitadas para que arredor da metade escollan algún módulo de FP.

Con ese obxectivo, o segundo Plan de Formación Profesional presentado este luns fíxase varias metas. Por un lado, profundar na adecuación á demanda de produción e ao tecido produtivo local. Isto é, vaise deseñar un mapa actualizado das demandas que saian do desenvolvemento económico de cada zona, estimulando que a FP responda a esas necesidades concretas. Por outra parte, prométese esforzo no fornecemento dunha formación "integrada no tecido produtivo", mirando pola formación do profesorado "nos máis altos niveis tecnolóxicos en empresas punteiras, para logo trasladar este coñecemento á docencia e ao mercado laboral real".

Neste sentido, o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, explicaba durante a presentación do plan, no que a Xunta investirá 700 millóns de euros, que se "transformará e incrementará a calidade e o prestixio da FP" en Galiza, apoiando no ámbito formativo e laboral, a 1.300.000 traballadores, alumnos e profesores de todo o país. Ademais, o Goberno agarda que a taxa de inserción laboral actual, o 80% do alumnado atopa traballo aos seis meses de rematar estudos, suba até o 90%.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: