Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
A organización internacional de conservación mariña reclama a protección do 10% das augas galegas

OCEANA reúnese coa Conselleira de Pesca e Asuntos Marítimos da Xunta de Galicia

Esta mañá, o Director de Oceana en Europa, Xavier Pastor, e o Director de Investigación, Ricardo Aguilar, reuníronse en Santiago de Compostela coa Consellera de Pesca e Asuntos Marítimos da Xunta de Galicia, Carmen Gallego Calvar.

Oceana - 13:39 28/04/2008
Tags:

No transcurso da reunión, os representantes da organización mariña presentaron á Conselleira os plans de Oceana para levar a cabo, nos próximos meses, investigacións en augas galegas destinadas a promover a creación de novas áreas mariñas protexidas nesta comunidade autónoma. Estes traballos levarán a cabo a bordo do catamarán Oceana Ranger mediante a utilización de mergulladores e un robot submarino con capacidade de inmersión de ata 300 metros.

Os representantes de Oceana mostraron o seu apoio á recente creación da reserva mariña dos Miñarzos na Costa da Morte, pero expuxeron a necesidade de declarar novas áreas mariñas protexidas ao longo da presente lexislatura para cumprir cos convenios internacionais, como a Convención de OSPAR para a conservación do Nordeste Atlántico, e o Convenio pola Conservación da Biodiversidade de Nacións Unidas, que establecen a obrigatoriedade de que polo menos un 10% da superficie mariña estea protexida respectivamente antes do 2010 - 2012.

Por outra banda, Oceana manifestou a súa preocupación polo estado de sobreexplotación de diversos recursos pesqueiros como o lagostino, a pescada, o galo e o atún vermello.

Para rematar, os membros de Oceana fixeron chegar á Conselleira a súa inquietude pola actividade frecuentemente ilegal levada a cabo internacionalmente por determinados empresarios pesqueiros con base en Galicia


3/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: