O goberno español rebaixa a cifra prevista para 2008 do 3,1% ao 2,3%, e reduce en sete décimas a de 2009.
O ministro español de Economía, Pedro Solbes
O goberno español rebaixou deica o 2,3% a súa previsión de crecemento para a economía do Estado en 2008 e 2009, o que supón unha redución de oito e sete décimas, respectivamente, respecto da previsión anterior.
O impacto da crise financeira internacional, calculan, comezará a remitir na segunda metade de 2009, polo que sitúa a estimación de crecemento para 2010 no 2,8% e eleva esta cifra deica o 3,1% para 2011.
Os datos están recollidos no 'Informe sobre a posición cíclica da economía española', presentado este venres polo ministro de Economía e Facenda, Pedro Solbes, no Consello de Ministros.