Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
'CEA DAS LETRAS' DA AELG

Os escritores entregan os seus premios

Ademais, Nancy Morejón recibe o recoñecemento de 'Escritora galega universal' nun acto, este sábado en Compostela.

Redacción - 17:32 26/04/2008
Nancy Morejón

Nancy Morejón

A Cea das Letras reúne todos os anos os autores da Asociación de Escritores en Lingua Galega, nunha noite que serve para entregar os premios da AELG, decididos polas votacións de todos os asociados, e para homenaxear de xeito particular a persoas ou entidades importantes do eido cultural galego. Este ano, en concreto, recoñeceráse o labor da Mostra de Teatro de Ribadavia, que recibirá o galardón dedicado ás institucións culturais. A cea terá lugar este sábado día 26, ás 20.30 horas, no Hotel Porta do Camiño de Santiago de compostela.

Ademais, a cubana Nancy Morejón recibirá o premio á Escritora Galega Universal. Nancy Morejón leva uns días en Galiza, cunha axenda moi completa que xa a levou a ofrecer unha conferencia na Fundación Rosalía de Castro, en Padrón, baixo o título de Nancy Morejón: a muller na súa obra e na literatura cubana e caribeña, e que este venres 25 achegaraa ao Consello da Cultura Galega, en Compostela. Alí, Morejón fará unha lectura dos seus poemas, baixo o título conxunto de A beleza de todos os días, nun acto presentado por Cesáreo Sánchez, presidente da AELG.

Eis os finalistas:

Literatura Infantil e Xuvenil: An Alfaya (Illa soidade), Marcos S. Caldeiro (Rinocerontes e quimeras), Paula Carballeira (Boas noites), Fina Casalderrey (A lagoa das nenas mudas), Xesús Constela (Libro das alquimias), Calos López Gómez (Minimaladas), Agustín Fernández Paz (O único que queda é o amor) e Xavier Queipo (Saladina)

Poesía: Xiana Arias Rego (Ortigas), Marica Campo (Sextinario: trinta e seis + tres), Leo F. Campos (Hai cu: pintadas no báter), Miguel A. Fernán-Vello (Diccionario do estremecemento), Francisco X. Fernández Naval (Miño), Paulino Pereiro (Morte do mar) e María Xosé Queizán (Cólera)

Teatro: Afonso Becerra (Crio-Xénese), Manuel Núñez Singala (Comedia bífida) e Millán Picouto (Ciclo de Marte)

Ensaio: Justo G. Beramendi (De provincia a nación: historia do galeguismo político), Xurxo Borrazás (Arte e parte. Dos patriarcas á arte suicida) e Carlos P. Martínez Pereiro (Querer crer entrever. Expresións críticas de reflexión e lectura)

Tradución: Carmen e Mª Dolores Torres París (Fuxir, de Jean-Philippe Toussaint), Eva Almazán (O castelo branco, de Orhan Pamuk), Yolanda Vilarchao (Poemas canónicos, de Konstantinos Kavafis) e Tomás González Ahola (O muiñeiro ouveador, de Arto Paasilinna)

Narrativa: Francisco Castro Veloso (As palabras da néboa), Xavier López López (Trinta e dous dentes), Miguel Anxo Murado (O soño da febre), Luís Rei Núñez (O señor Lugrís e a negra sombra), Antón Riveiro Coello (Os ollos de K), Séchu Sende (Made in Galiza) e Anxos Sumai (Así nacen as baleas)

Literatura Xornalística: Rosa Aneiros, Xosé Carlos Caneiro, Alfredo Conde, Bieito Iglesias, Gustavo Luca de Tena, Manuel X. Neira, Xosé Luís Méndez Ferrín, Xosé Manuel Pereiro e Manuel Rivas


5/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: