Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
TEN 65 MIL ENTRADAS

O dicionario de Ir Indo xa se pode consultar na rede

É o único dispoñíbel en liña actualizado coa modificación normativa de 2003.

Redacción - 11:02 24/04/2008
O dicionario de Ir Indo

O dicionario de Ir Indo

O dicionario de Ir Indo conta con máis de 65.000 entradas e recolle todas as modificacións das Normas Ortográficas e Morfolóxicas do idioma galego aprobadas pola Real Academia Galega o 12 de xullo de 2003. O único dicionario de galego que até agora estaba dispoñíbel na web da Consellaría de Educación aínda non contempla as modificación da RAG aprobadas hai cinco anos.

O dicionario incorpora as etimoloxías e as equivalencias en portugués, castelán e inglés, o que o converte nun dos dicionarios máis completos do mercado lexicográfico galego. O dicionario en liña será permanentemente actualizado, perfeccionado e ampliado coas achegas dos usuarios, e en breve disporá tamén de sinónimos, antónimos e frases feitas. Para mellorar a dispoñibilidade do texto, tamén conta cunha versión WAP para facer doada a súa consulta dende case calquera móbil do mercado.


Ligazóns

5/5 (12 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: