Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
MOBILIZACIÓNS POLA BAIXADA DE PREZOS

Os antidisturbios impiden que os gandeiros entren en Leite Río

Os manifestantes, convocados por Unións Agrarias, ergueron barricadas na entrada do polígono do Ceao. A policía cargou contra parte dos concentrados.

Redacción - 13:34 22/04/2008
Tags:

A tensión notouse no ambiente este martes no polígono lugués do Ceao. Dous milleiros de gandeiros, convocados por Unións Agrarias, concentráronse diante das instalacións de Leite Río, tal e como xa fixeran dúas veces no último mes. Nesta ocasión, os produtores que protestas pola baixadas de prezos atopáronse con 80 efectivos antidisturbios que custodiaban a entrada á fábrica. Algúns dos concentrados ergueron barricadas que bloquearon o acceso ao polígono. Tamén houbo enfrontamentos entre axentes e gandeiros que intentaban acceder ao interior das instalacións de Leite Río e colocaron barricadas. Arredor das 13 horas, houbo cargas policiais nas que incluso se empregaron pelotas de goma. Os gandeiros fixeron pintadas no exterior da fábrica na que tildan de "ladrón" ao dono de Leite Río.

Os produtores acusan á empresa de Xesús Lence de baixar unilateralmente o prezo do leite sen xustificación para aumentar os beneficios empresarias a conta dos gandeiros. A tensión foi a máis nas últimas semanas logo de que varios produtores atacasen camións cisterna desta empresa e de que o empresario acusase veladamente a Unións Agrarias de estar detrás destas sabotaxes.

O sindicato sinalou que a situación en "insostíbel" e que o malestar entre os produtores non para de medrar. Por iso, Xavier Iglesias, dirixente de UU.AA. xa anunciou que haberá máis mobilizacións nas vindeiras semanas.


5/5 (11 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: